Tejas Verea

FAQ

Tejas Verea reparte axendas escolares mineiras para difundir a importancia dos nosos recursos naturais - Imagen destacada

  • Máis de 100 escolares de Mesía e Boimorto recibiron as axendas editadas pola Cámara Oficial Mineira de Galicia e cedidas por Tejas Verea
  • Inclúen información sobre a minería sostible levada a cabo en Galicia e a importancia dos nosos recursos minerais

Entrega axendas Tejas Verea ao CEIP Xanceda Mesia 3 1024x575 1

Tejas Verea, fabricante galego de tellas e solucións eficientes para cubertas, entregou esta semana, coincidindo coas primeiras semanas do curso escolar, exemplares da axenda escolar mineira a máis de cen escolares de secundaria de Mesía e Boimorto.

A axenda mineira editada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) é unha ferramenta educativa promovida pola plataforma Minería Sostible de Galicia. Ademais de axenda e calendario, inclúe información sobre a xeoloxía de Galicia e a minería sostible levada a cabo na nosa comunidade.

Tejas Verea fixo entrega das axendas mineiras en dous centros da súa contorna, o CPI de Xanceda (Mesía) e o CPI Armando Cotarelo Valledor (Boimorto). Ademais, cedéronse 50 exemplares para os fillos e fillas dos traballadores da empresa.

Para Lucía Verea, responsable de Comunicación e Marketing de Tejas Verea, que entregou os materiais nos centros escolares “esta axenda axúdanos a que os mozos entendan mellor nosa actividade e coñezan a importancia dos recursos minerais da súa contorna e o seu valor desde un punto de vista económico, social e ambiental”.

O obxectivo desta iniciativa é divulgar a importancia dos nosos recursos minerais desde un punto de vista histórico e tamén para a vida cotiá dos máis novos. A axenda recolle consellos que os máis pequenos poderán aplicar no seu día a día sobre aforro enerxético, coidado do medioambiente ou reciclaxe.

Entrega axendas Tejas Verea ao CEIP Xanceda Mesia 1024x575 1

Campañas escolares para conectar co rural e os recursos naturais

Tejas Verea organiza anualmente campañas escolares para poñer en valor os recursos naturais do rural, como a arxila e a importancia da súa xestión sostible e responsable.

A campaña EnTéllate, posta en marcha en 2019 por Tejas Verea e o Concello de Mesía e dirixida a escolares de primaria, inclúe visitas guiadas ao Centro de Interpretación Brañas de Valga e ás instalacións de Tejas Verea. Durante as visitas, escolares das comarcas de Ordes e Arzúa descubriron a evolución da industria cerámica en Galicia e como a arxila se transforma na actualidade nunha tella sostible e resistente, grazas á innovación tecnolóxica.

Tejas Verea

Empresa fabricante de tellas e solucións integrais para cubertas localizada en Mesía (A Coruña) nun complexo industrial de case 300.000 metros cadrados, distribuídos entre 3 liñas de produción con capacidade para fabricar 50 millóns de tellas ao ano, unha planta de moenda preparada para procesar máis de 200.000 toneladas ao ano e dous patios de almacenamento. Fundada en 1967, dá emprego a 65 traballadores.