A marca AENOR N Sostible avala que un produto industrial é sostible en todas as súas dimensións: prestacional, económica, ambiental e social.
Tejas Verea recibiu onte na sede de AENOR en Madrid, a certificación N Sostible de AENOR, que avala o compromiso ambiental, social e de gobernanza da compañía. Verea convértese así no primeiro fabricante español de tellas en recibir este selo de garantía e nunha das dúas primeiras empresas do sector de cerámica estrutural en obtelo.
Para lograr esta certificación, os produtos de Tejas Verea foron sometidos a un exame completo co obxectivo de garantis as características prestacionais dos materiais de construcción.
Esta certificación contribúe á construción sostible xa que se establece como un dos requisitos para lograr a Certificación Edificio Sostible. Trátase dun selo que combina a sustentabilidade integral ESG dos axentes involucrados (proxectista, materiais e construtora) e a avaliación dos criterios europeos Level(s) no edificio..
Noelia Moscoso, responsable de Calidade e Medio Ambiente de Tejas Verea, recibiu a acreditación de mans da directora de certificación de produto da entidade, Yolanda Villaseñor. Estivo acompañada de Elena Santiago, secretaria xeral de Hispalyt, que recolleu o certificado en nome da empresa Cerámica Utzubar, nunha entrega de selos conxunta para as dúas empresas.
Moscoso destacou o compromiso de Tellas Verea “coa sustentabilidade e a innovación no desenvolvemento de procesos produtivos e novos materiais que contribúan á eficiencia enerxética e a conservación do medio ambiente”.
A sustentabilidade, no ADN de Verea
A calidade e o respecto polo medio ambiente son elementos integrados na base da estratexia empresarial da compañía galega. Verea deseña e realiza os seus procesos industriais co menor impacto ambiental, minimizando consumos enerxéticos e de materias primas; reciclando os residuos de cada etapa de fabricación e desenvolvendo obxectivos e accións para a mellora continua da súa desempeño ambiental.
A súa actividade e compromiso ambiental está avalada polas certificacións CE, ISO 9001, ISO 14001, EMAS ou o selo de calidade Galicia Calidade. Desde 2017 conta co selo ‘Calculo e Reduzo’ do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que certifica o seu compromiso co medio ambiente e a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.
Tejas Verea
Empresa fabricante de tellas e solucións integrais para cubertas localizada en Mesía (A Coruña) nun complexo industrial de case 300.000 metros cadrados, distribuídos entre 3 liñas de produción con capacidade para fabricar 50 millóns de tellas ao ano. Fundada en 1967, dá emprego a 70 traballadores.