O audiovisual, dirixido a profesionais da construción e arquitectura, mostra paso a paso o proceso de instalación de cubertas energéticamente eficientes con tella mixta Verea ‘S’ e o sistema SIATE TOP Onduline.
A nova recreación incorpórase á biblioteca virtual das empresas na que os vídeos de instalación de cubertas suman máis de 43 mil reproducións.
As empresas Onduline e Tejas Verea explican a través dunha recreación virtual en 3D o proceso de instalación de cubertas eficientes e microventiladas con tella cerámica mixta Verea ‘S’ e placas Onduline Baixo Tella, mediante o sistema de instalación de cubertas homologado Verea System.
A través dun audiovisual renderizado móstranse os detalles de instalación, illamento e impermeabilización do tellado, ademais de cada un dos puntos críticos da cuberta, como o beirado, os faldones ou os encontros na cumbrera. A cobertura realízase con tella Verea ‘S’, un formato único no mercado español e que reproduce a estética da curva, pero facilitando en gran medida a instalación.
A nova ferramenta, dispoñible nas webs e canles de Youtube de Onduline e Tejas Verea, incorpórase á biblioteca virtual de audiovisuais elaborados por ambas as empresas para responder as necesidades dos instaladores e profesionais técnicos e que suman máis de 43 mil visualizacións en Youtube.
Ademais de resolver dúbidas técnicas e incluír consellos, mostra todos os elementos que integran o sistema de instalación, cos materiais e ferramentas necesarias de cada fase do proceso construtivo.
Sistema de execución de cuberta ventilada: Verea System
Verea foi o primeiro fabricante de tella cerámica cun sistema de instalación homologado en España, o Verea System, que incrementa a durabilidade das tellas e as prestacións do tellado. De fácil instalación, este sistema integral achega maior eficiencia enerxética e reduce humidades e condensacións nos edificios.
Trátase dun sistema completo de cuberta lixeira, eficiente, impermeabilizada e microventilada, cunha cobertura de tella de altas prestacións e elaborado conforme ao Código Técnico da Edificación de España, cuxas especificacións se recollen no Documento de Idoneidade Técnica DIT Plus 622p/22.
Sistema SIATE TOP Onduline
Sistema completo de impermeabilización e illamento térmico para tellados e cubertas inclinadas que destaca por achegar una a alta eficiencia enerxética e unha impermeabilización moi duradeira ás cubertas. Trátase dun sistema ideal para a rehabilitación de tellados pola súa eficiencia, lixeireza e fácil e rápida instalación.
Componse dunha barreira de vapor, do panel illante de cuberta ONDULINE PIR UTR e da placa asfáltica Onduline Baixo Tella DRS, que se instala directamente sobre o panel illante de cuberta para impermeabilizalo e ventilarlo, protexéndoo fronte ás humidades por condensación.
Tejas Verea
Empresa fabricante de tellas e solucións integrais para cubertas localizada en Mesía (A Coruña) nun complexo industrial de case 300.000 metros cadrados, distribuídos entre 3 liñas de produción con capacidade para fabricar 50 millóns de tellas ao ano. Fundada en 1967, dá emprego a 70 traballadores.
Case o 50% da facturación da compañía provén da exportación dos seus produtos a países como Estados Unidos, República Dominicana, Panamá, O Salvador, Honduras, Xamaica e Guatemala, entre outros.
Onduline
Compañía líder a nivel mundial na fabricación de placa asfáltica para tellados e cubertas. Onduline destaca por fabricar unha placa asfáltica de gran calidade e por ofrecer sistemas lixeiros e duradeiros para o illamento e a impermeabilización de tellados e cubertas inclinadas. Na actualidade opera en máis de 120 países e dá emprego a máis de 1.600 persoas en todo o mundo.