Que é BIM?

O BIM, acrónimo de “Building Information Modeling” (Modelado de Información para a Edificación), é un sistema de xestión dos proxectos de construción cun desenvolvemento virtual completo dunha actuación, que nos di se esta é realmente construible.

Á súa vez, BIM é unha ferramenta para xestionar a información relacionada que permite modelar mediante o uso de arquivos 3D parametrizados. O BIM permite producir e almacenar toda a información necesaria para operar nas distintas fases do ciclo de vida dos proxectos de construción. A utilización de BIM desde o deseño permite que os axentes do proceso construtivo colaboren e utilicen de maneira eficiente a mesma información en todas as fases do proxecto.

Os modelos BIM son obxectos creados cos propios atributos do elemento construtivo real para poder xestionar, controlar e utilizar nos proxectos de maneira virtual.

Os obxectos BIM de Tejas Verea

Desde este momento Tejas Verea dispón de Librería de arquivos BIM para as tellas cerámicas da gama Verea System na súa tipoloxía Tella “Curva” e Tella “S” así como dos seus obxectos singulares en formato Revit. Os obxectos BIM de Tejas Verea están conectados con prescritores e técnicos de calquera lugar do mundo a través do arquivo conxunto dispoñible para a súa descarga gratuíta na nosa páxina web.

Mediante á utilización dos obxectos Verea BIM:

  • Podemos realizar unha réplica virtual verdadeiramente fidedigna do proxecto.
  • O prescritor pode comprobar como funcionará o edificio baixo diferentes condicións. Permitirán cálculos máis exactos aplicando aos mesmos as características e morfoloxía exacta do tipo de cuberta proxectado.
  • Desde o modelo BIM poderase realizar unha medición exacta de todos os elementos que compoñen a cuberta e exportala ao software de xeración de orzamentos que se desexe.
  • Poderanse extraer do arquivo BIM os detalles construtivos, seccións e documentación gráfica necesaria para a súa definición en proxecto.
  • Poderemos implementar elementos da familia Verea á contorna BIM de calquera proxecto.
Descargar Conxunto cuberta adaptativa