Mosteiro de San Leonardo / Seminario de San Jerónimo

País

España

Localización

Alba de Tormes, Castilla y León

Produto

Tella 'S'

Cor

Xacobea

Descrición

Coñecido como ‘San Jerónimo’, foi fundado no século XII por monxes premostratenses coa axuda de Alfonso VII de Castela en 1154. Nos seus comezos o mosteiro foi dúplice, segundo o costume premonstratense (servía para cóengos e canónigas que estaban separados por unha grosa parede). En 1164 cambiou o seu estatuto para admitir só a homes. A igrexa do mosteiro foi un capricho da Casa de Alba e terminouse de construír en 1482 por orde do segundo conde e primeiro duque de Alba, don García Álvarez de Toledo. Ten elementos góticos, isabelinos, renacentistas e barrocos. Destruído durante a Guerra da Independencia e abandonado tras a Desamortización, o conxunto consta de parte da igrexa, de estilo gótico- isabelino, resto dun claustro do século XVI e do claustro do XVII. Entre os restos do mosteiro atopáronse capiteis, anxos e músicos tenantes, así como pezas ornamentais de influencia borgoñona, algunhas están agora expostas no claustro.

Add Your Comment