¿En qué consiste verea system?
Tejas Verea conta cun sistema de instalación homologado en España, o Verea System®, que permite garantir a estanquidade da cuberta, reducir os tempos de execución na obra e asegurar o correcto funcionamento da cuberta mesmo nas condicións máis extremas.
Con case 20 anos no mercado, o Verea System® consolidouse como un dos sistemas de cuberta inclinada máis eficientes e versátiles. O seu deseño permite unha fácil implementación en calquera construción que busque cumprir cos esixentes estándares de eficiencia enerxética establecidos polo Passive House Institute, ofrecendo así unha solución óptima para edificacións de alta eficiencia.
Porque grazas á súa configuración de dobre cuberta, está deseñado para protexer o seu fogar nas condicións máis extremas, superando con éxito choivas torrenciais de 360 l/m², ventos de 180 km/h e temperaturas de -20 °C.
Cómo instalar o Verea System?
Vídeos de instalación
Verea System con tella Mixta Eternal sobre rastrel
- Impermeabilización: placa Onduline BT150 Plus
- Rastrel ventilado galvanizado
- Tella: mixta Eternal
Verea System con teja curva sobre rastrel
- Impermeabilización: placa Onduline BT150 Plus
- Rastrel ventilado galvanizado
- Tella: 50×21 talón
Verea System sobre placa de Onduline
Verea System DIT 622p/22 configuración TVO:
- Impermeabilización: placa Onduline BT150 Plus
- Tellas: 40×20, 45×20 y 50×21
Verea System sobre placa de fibrocemento
Verea System DIT 622p/22 configuración TVF:
- Impermeabilización: placa fibrocemento
- Tellas: 40×15, 40×17, 40×20, 45×20, 50×21 e Verea “S”
Verea System con Tella “S” sobre placa de Onduline
Verea System DIT 622p/22 configuración TVO:
- Impermeabilización: placa Onduline BT150 Plus
- Tella: Verea “S”
Documentación técnica
- DIT 622p/22
- Manual de instalación tella talón
- Manual de instalación tella s (próximamente)
- Manual de instalación tella plana (próximamente)
- Manual de instalación tella marsella (próximamente)
- Manual de instalación tella mixta (próximamente)
bIBLIOTECA bim
O BIM, acrónimo de “Building Information Modeling” (Modelado de Información para a Edificación), é un sistema de xestión dos proxectos de construción cun desenvolvemento virtual completo dunha actuación, que nos di se esta é realmente construible.
Á súa vez, BIM é unha ferramenta para xestionar a información relacionada que permite modelar mediante o uso de arquivos 3D parametrizados. O BIM permite producir e almacenar toda a información necesaria para operar nas distintas fases do ciclo de vida dos proxectos de construción. A utilización de BIM desde o deseño permite que os axentes do proceso construtivo colaboren e utilicen de maneira eficiente a mesma información en todas as fases do proxecto.
Os modelos BIM son obxectos creados cos propios atributos do elemento construtivo real para poder xestionar, controlar e utilizar nos proxectos de maneira virtual.
Os obxectos BIM de Tellas Verea
Desde este momento Tejas Verea dispón de Librería de arquivos BIM para as tellas cerámicas da gama Verea System na súa tipoloxía Tella “Curva” e Tella “S” así como dos seus obxectos singulares en formato Revit. Os obxectos BIM de Tejas Verea están conectados con prescritores e técnicos de calquera lugar do mundo a través do arquivo conxunto dispoñible para a súa descarga gratuíta na nosa páxina web.
Mediante á utilización dos obxectos Verea BIM:
- Podemos realizar unha réplica virtual verdadeiramente fidedigna do proxecto.
- O prescritor pode comprobar como funcionará o edificio baixo diferentes condicións. Permitirán cálculos máis exactos aplicando aos mesmos as características e morfoloxía exacta do tipo de cuberta proxectado.
- Desde o modelo BIM poderase realizar unha medición exacta de todos os elementos que compoñen a cuberta e exportala ao software de xeración de orzamentos que se desexe.
- Poderanse extraer do arquivo BIM os detalles construtivos, seccións e documentación gráfica necesaria para a súa definición en proxecto.
- Poderemos implementar elementos da familia Verea á contorna BIM de calquera proxecto.
Detalles de autocad