Compromiso
Industria comprometida
Ambiental
Social
Gobernanza
Ambiental
Social
Gobernanza
Produto sostible
As tellas son un produto 100% natural, formadas pola combinación de terra, auga, aire e lume. Adquirimos as nosas arxilas de forma sostible, extraendo unicamente o material necesario para a fabricación de tella, sen xerar ningún residuo mineiro e garantindo a posterior restauración da contorna e a creación de novos hábitats. A tella cerámica conta cunha vida útil de máis de 50 anos e, ao cumprir co seu ciclo de vida útil nun tellado, pode ser reutilizada e reciclada para outros usos, como xardinería, pistas de tenis…
Consumo de enerxía e emisións de CO2
No noso continuo compromiso co medio ambiente, tomamos accións para reducir os nosos consumos enerxéticos. No ano 2023 levamos a cabo a instalación dunha planta fotovoltaica composta por 1.800 paneis e contratamos enerxía eléctrica proveniente de fontes 100% renovables aos nosos provedores.
Esta redución de consumo enerxético acompaña á redución de emisións de CO2 á atmosfera.
Minimización de residuos e envases
Durante o proceso de fabricación, calquera rexeitamento de produto é reprocesado, polo que non xeramos residuos cerámicos en ningunha etapa. Os residuos como cartón, madeira ou plástico son separados, compactados e enviados a reciclaxe para darlles unha segunda vida.
Ademais, colaboramos cos nosos provedores para a realización dun Plan de Prevención e Ecodiseño de embalaxes, que nos permite recuperar o 50% dos palés de madeira ou reutilizar un 50% de plástico.
Construción sostible
Desde o ano 2016 apostamos por ofrecer unha solución construtiva integral de cuberta mediante a homologación do Verea System, un sistema de cuberta ventilada en seco que garante a durabilidade da mesma durante 50 anos.
Raíces
Desde a súa fundación, Tejas Verea estivo ligado sempre a Mesía, onde se atopan as mellores arxilas para fabricación de tellas cerámicas. Crecemos en liñas de produción, tipoloxías de produtos, acabados e mercados, pero sempre desde o corazón de Galicia e avalados polo selo Galicia Calidade.
Emprego
Apostamos por emprego local e de calidade. Más do 95% do persoal procede da comarca na que nos atopamos.
Aínda que se estableceu formalmente un plan de igualdade no ano 2020, a presenza de mulleres na produción das nosas tellas remóntase a hai máis de 20 anos.
A seguridade e a saúde son claves, polo que analizamos e implantamos medidas que axudan a traballar de forma máis segura tanto para empregados como colaboradores.
Ademais, apostamos por provedores locais para maximizar o apoio á economía local. Isto tamén nos permite reducir custos loxísticos, ter un maior control da calidade do produto e reducir o impacto ambiental ao ser menos a distancia de transporte.
Educación
Colaboramos co tecido educativo galego recibindo visitas escolares dentro do programa “Entéllate”, para dar a coñecer a riqueza cultural, histórica e social da actividade cerámica aos nenos da comarca.
Así mesmo, colaboramos coas universidades de Santiago e A Coruña, acollendo a persoal de prácticas e dirixindo traballos de fin de Grao e Máster.
Colaboradores
Participamos coa asociación de persoas con discapacidade e apoio á integración AMARAI no proxecto de tellas solidarias para promover a inclusión. Comprometidos co deporte, patrocinamos o equipo de fútbol de Boimorto, terra natal da familia Verea. Ademais, abrimos as nosas portas aos nosos veciños para que coñezan o noso proceso produtivo e o compromiso ambiental en nosas propias instalacións.
Tecnoloxía
A automatización e robotización do proceso industrial ha suposto un enorme salto tanto en calidade como en eficiencia e eficacia dos procesos. Desta forma redúcense rexeitamentos, optimízanse os consumos e auméntase a seguridade dos traballadores.
Internacionalización
No ano 2007 comezamos a nosa andaina no mercado americano, para os que adaptamos os nosos procesos para a fabricación dun novo modelo de tella enfocado á exportación e que actualmente supón un 50% da nosa facturación.
Recoñecementos
Os nosos certificados e recoñecementos aválannos:
- Indicador Ardán de Empresa Global (2020, 2023)
- Indicador Ardán de Empresa Comprometida (2020)
- Indicador Ardán de Empresa Ben Xestionada (2017, 2020)
- Indicador Ardán de Alta Produtividade (2017)
- Premio Santa Bárbara á Minería Sostible (2023)
- Selo Responsabilízache (2023)