Máis de 230 profesionais participaron nos webinars técnicos sobre cubertas ventiladas de tella cerámica organizadas por Verea en colaboración con Euronit
Tejas Verea organizou durante os meses de maio e xuño nun programa de webinars técnicos para analizar a execución de cubertas ventiladas co Verea System, nos que participaron máis de 230 arquitectos e aparelladores de toda España, profesionais de empresas de construcción e de materiais, da Administración (técnicos del IGVS, arquitectos técnicos de diferentes concellos) e estudantes de arquitectura.
O director da oficina técnica de Tejas Verea, Manuel Verea impartiu catro sesións en colaboración con Luciano Sierra, técnico comercial de Euronit, Jose Antonio Martínez, Área Manager e Álvaro Charle, técnico de Euronit.
Nos encontros participaron profesionais de Galicia, España e de outros países como Estados Unidos, Colombia, Reino Unido, Francia, Alemania o Suecia.
Dudas técnicas sobre as cubertas inclinadas
Durante as webinars, os asistentes puideron resolver dudas técnicas en directo. Ademáis de profundizar nas claves para a execución dunha cuberta inclinada con tella e coñecer as súas vantaxes, os profesionais plantexaron a súas inquietudes. A maioría se centraron en cómo garantir a ventilación e o illamento deste tipo de cubertas, colocación de tellas planas, pendentes mínimas de instalación e pezas especiais para cubertas.
Respecto á ventilación, púxose en evidencia que a súa execución mediante unha solución de fixación das pezas cerámicas en seco é a mellor forma de garantila, sendo un factor de especial relevancia no Verea System, que inclue un sistema de alero e cumbrera ventilada, o que garante a entrada e saída de aire da cuberta, mellorando o seu comportamento higrométrico e aumentando a durabilidade das tellas cerámicas.
En canto o illamento, a maioría das cuestións que se plantexaron plasmaban a preocupación para poder cumprir os esixentes estándares do novo CTE e a cómo compatibilidar espesores de illamento relevantes co Verea System. Neste sentido, o sistema é totalmente compatible con calquera tipo de solución e espesor de illamento (XPS, EPS, PUR, etc) puidendo incluso aplicarse de forma directa sobre solucións como a que neste caso proponía Euronit co seu Naturtherm+.
Durante as sesións tamén se aclarou aos asistentes que, ao tratarse dun sistema multicapa, a menor pendente admisible para a cuberta é a mínima que marque a capa de impermeabilización, que para o caso do fibrocemento é do 26%, puidendo reducirse a valores inferiores mediante a colocación de burletes de selaxe, sempre previa consulta co departamento técnico de Verea, que analizará este tipo de obras de forma individualizada.
Outras preguntas técnicas dirixíronse a coñecer os detalles do sistema de instalación VereaLine desenvolvido por Verea e Euronit, os tipos de fixación dos seus elementos (tella, placa) e as vantaxes dla fixación con espuma.
En canto a accesorios e pezas especiais, as preguntas dos profesionais centráronse en coñecer a durabilidade e calidades dos accesorios utilizados no sistema de instalación desenvolvido por Verea e cómo garantir a fixación das pezas especiais da cuberta.
Consulta preguntas frecuentes en: https://tejasverea.com/gl/preguntas-frecuentes-3/