Tejas Verea

FAQ

Xornada de Portas Abertas en Verea - Imagen destacada

A fábrica de Verea en Lanzá (Mesía) abrirá as súas portas o vindeiro sábado 14 de setembro para todo aquel que desexe coñecer o proceso de fabricación totalmente automatizado dunha tella cerámica así como as melloras que a empresa introduciu o proceso de moenda da arcilla para seguir incrementando a calidade do produto. Durante a visita tamén poderán descubrir en directo o oficio dun tradicional artesano Cabaqueiro, que antigamente fabricaba a tella manualmente.

Os veciños de Mesía e concellos limítrofes están convidados a coñecer de preto a fábrica de tellas de referencia en Galicia, que na actualidade elabora as tellas cerámicas con máis durabilidade do mercado español.

As visitas a Verea levanranse a cabo cada 30 minutos, en horario de mañá (a partir das 11.00 horas ata as 13.00 h) ou de tarde (de 16.00 a 18.30 h).

O acceso é gratuito e o aforo limitado, polo que é necesario reservar praza enviando un email a comunicacion@tejasverea.com ou chamando ao 981 687 053, indicando o número de persoas e preferencia de horario de visita.

cabaqueiro_verea

Unha fábrica intelixente que reduce as súas emisións de CO2

Desde o ano 2012, en Verea mídense as emisións totais de CO2 por tonelada producida de tellas coa Calculadora de Pegada de Carbono do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente a través da que conseguiron reducir o 6,65% das súas emisións de CO2 á atmosfera. En 2015, Verea convertiuse no primeiro fabricante de tella en inscribirse no Rexistro de Pegada de Carbono, Compensación e Proyectos de Absorción de CO2 do Ministerio.

Desde hai máis de 15 anos, Verea conta cun plan de redución de emisións e conseguiu reducir a cero as emisións de CO2 derivadas da electricidade. As liñas de produción só consomen enerxía eléctrica de fontes renovables e investíronse máis de 150.000 euros para reducir as emisións directas producidas nos fornos e secadeiros, aumentando os reaprovechamentos enerxéticos e os illamentos.

Unha empresa con máis de 50 anos de experiencia

Verea está ubicada en Mesía (A Coruña), nun complexo industrial de casi 300.000 metros cadrados, distribuidos entre 3 liñas de produción con capacidade para fabricar 50 millóns de tellas ao ano, unha planta de moenda preparada para procesar máis de 200.000 toneladas ao ano e dous patios de almacenamiento. A compañía factura 10 millóns de euros e emplea a 50 traballadores.