A empresa inviste máis de 17.000€ para recuperar calor do forno e usalo en secadero, reducindo o consumo enerxético
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico acaba de renovar a Tellas Verea o selo “Calculo e Reduzo’ por reducir máis dun 3% as emisións relativas no último trienio, con respecto aos resultados do trienio anterior.
Neste período realizouse, ademais das habituais accións de mellora, un estudo tecnolóxico, coa colaboración dunha enxeñería especializada no sector, para optimizar o funcionamento do forno 2 da fábrica. As modificacións executadas por mor deste estudo, cun investimento de máis de 17.000 euros, permiten aumentar a recuperación de calor de forno a secadero, reducindo así os consumos.
Desde 2016, Tellas Verea forma parte do Rexistro de Pegada de carbono, unha entidade que recolle os esforzos das organizacións españolas no cálculo e redución das emisións de gases de efecto invernadoiro que xera a súa actividade.
Compromiso con 13 dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)
A obtención deste prestixioso selo enmárcase no obxectivo de Tellas Verea de reducir o impacto ambiental en todos os seus procesos de produción, comercialización e distribución e loitar contra o cambio climático e os seus efectos (ODS13).
Durante os últimos anos Verea desenvolveu diversas accións enmarcadas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas, como a redución dos plásticos de embalaxe, a facturación electrónica para reducir o consumo de papel (ODS12), ou a promoción da dixitalización do sector (ODS17) da construción, colaborando en iniciativas como ‘Construíndo en Dixital’ de Habitissimo.
A igualdade de xénero (ODS5), o control de auga de canteiras e subterránea (ODS6) e o consumo de enerxía eléctrica de fontes renovables (ODS7) son outras áreas de traballo.
A tella cerámica, un produto natural
A tella, un produto que nace da natureza, é tamén un produto de economía circular, xa que ao final de ciclo de vida pódese reciclar ao 100%. Durante o proceso de fabricación adquire propiedades de durabilidade e illamento térmico que a converten na mellor opción para as cubertas, mellorando a eficiencia enerxética das vivendas ao reducir o consumo enerxético.