Tejas Verea aposta pola igualdade de xénero no sector da construción

– A compañía desenvolve un Plan de Igualdade que promove políticas de non discriminación, igualdade e conciliación
Verea incorpórase á campaña ‘Constrúo Igualdade’ creada para dar máis visibilidade ás mulleres no mundo da construción

No Día Internacional da Igualdade Salarial, a empresa Tejas Verea mostra o seu compromiso coa igualdade de xénero no sector da construción. A compañía está inmersa na elaboración dun Plan de Igualdade co obxectivo de promover a igualdade de xénero e no que participa a totalidade do equipo de Verea.

O novo Plan incorpora políticas que mostran o compromiso da empresa en ámbitos como Igualdade salarial, incorporación das mulleres ao sector da construción, apoio e promoción da carreira profesional das traballadoras, programas de conciliación e flexibilidade horaria e protección da maternidade.

No noso país, as mulleres representan o 8,4% dos traballadores da construción, un sector tradicionalmente moi masculinizado. A porcentaxe de traballadoras no equipo de Verea ascende a un 18,5%. As profesionais de Verea lideran catro departamentos da compañía: Compras, Comunicación e márketing, Calidade e Medio Ambente e Administración. Ademáis, elas supoñen o 43% dos profesionais máis calificados (nivel 1 que engloba aos enxeñeiros/as e licenciados/as).

No marco do sue compromiso coa igualdade de xénero, Verea incorporouse á campaña Constrúo Igualdade’ organizada pola Fundación Laboral da Construción e creada para dar máis visibilidade ás mulleres no mundo da construción. Mediante a difusión dunha imaxe de colaboración entre compañeiros e compañeiras no traballo, Verea quere mostrar que xuntos é máis fácil construir igualdade de oportunidades para mulleres e homes.

Apoio dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas

A aposta de Verea pola igualdade se enmarca no seu apoio aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) promovidos polas Nacións Unidas. Neste sentido, Verea sumouse á campaña #aliadosdelosODSpromovida pola Red Española de Pacto Mundial co obxectivo de contribuir a difusión da Axenda 2030.

Verea forma parte desta inciativa desde o ano 2019. A compañía desenvolveu accións enmarcadas en 13 dos 17 ODS en materia de dereitos laborais, medio ambente ou xestión sostible dos recursos. No último ano, destacan as iniciativas enmarcadas na promoción dos obxectivos 11-Cidades e Comunidades Sostibles, a través da promoción de materiais naturais como as tellas cerámicas 100% reciclables e reutilizables e o obxectivo 13-Acción polo Clima, co seu Plan de reducción de emisións, que evitou a emisión dunhas de 3.000 Tn CO2 desde o ano 2013.

Calcula cuántas Tejas Verea necesitas por metro cuadrado

Consúltanos y te llamaremos para explicarte cuántas tejas necesitas, tipo y su coste


He leido y acepto los términos de la cláusula adicional de protección de datos de TEJAS VEREA, S. A.

Tejas Verea. La empresa de fabricación y distribución de tejas nº1 en España. Por coste y calidad

Add Your Comment