Tejas Verea

FAQ

Mellora a eficiencia enerxética da túa vivenda renovando o tellado e aforra coas axudas da Xunta de Galicia - Imagen destacada

A administración galega subvencionará a renovación dos tellados que contribuán a mellorar a eficiencia enerxética de vivendas unifamiliares ou comunidades de veciños

Propietarios e comunidades de veciños dispoñerán de axudas para a reforma enerxética de vivendas e edificios. O Instituto Galego da Vivenda e Solo dependente da Xunta de Galicia convocou un programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificacións.

O obxectivo destas axudas é reducir a demanda enerxética en calefacción e climatización dos edificios construidos con anterioridade ao ano 2007, mediante a mellora da eficiencia enerxética da súa envolvente térmica, no se conxunto ou nalgún dos elementos que a compoñen.

Establecénse como actuacións subvencionables, a renovación e actuación sobre tellados, fachadas ou carpinterías exteriores que reduzan a demanda enerxética do inmoble.

As axudas terán a modalidade de subvencións a fondo perdido. Haberá unha subvención base e outra adicional que se concederá atendendo a criterios sociais. O prazo de presentación de solicitudes comezará o próximo 2 de xaneiro de 2021 e manterase ata o 31 de xullo de 2021 ou ata esgotar o crédito das axudas.

Os tellados poden reter un 30% da calor

A eficiencia enerxética permite reducir os gastos derivados do consumo enerxético do edificio, por iso é un aspecto cada vez máis valorado polos propietarios de vivendas.

casita 300x178 1

Pola súa banda, a cuberta dun edificio é a responsable aproximadamente do 30% da perda total de enerxía do edificio, polo que asegurar a súa eficiencia incidirá de maneira directa no aforro enerxético total da vivenda.

O 40% da enerxía consumida en Europa corresponde á edificación, o que levou ás administracións a impulsar a renovación dos edificios para reducir este malgaste enerxético e as emisións de gases de efecto invernadeiro.

Imaxen: Promotejado

O illamento e a inercia térmica da envolvente do edificio (cantidade de calor que un material pode almacenar e canto tempo tarda en absorbelo ou cederlo) incide directamente no confort do usuario no seu interior, así como na demanda enerxética de calefacción e refrixeración durante a vida útil do edificio.

 

Diseño de Edificios de Enerxía de consumo Casi Nulo con Tejas Verea e o sistema de instalación Verea System

A combinación das tellas Verea e o sistema de instalación Verea System ofrecen unha elevada inercia térmica e contribúen ao illamento térmico da envolvente do edificio grazas á microventilación entre a tella e o soporte. Pode colocarse ademáis sobre calquera illamento térmico. Por todo iso, son solucións constructivas óptimas para e deseño de Edificios de Enerxía de consumo Casi Nulo (EECN).

O Verea System asegura a microventilación e eficiencia enerxética. No verán, o aire contenido entre a cobertura da tella e o soporte, ao calentarse, ascende cara á salida de aire da cumbreira e limatesas permitindo a entrada de aire frío polo alero e as limahoyas. Esta circulación interior de aire, produce a refrixeración da cuberta.

Pola súa parte, en inverno, o aire contenido entre a cobertura de tella e o soporte caléntase, pero non o suficente como para favorecer a convección, conservando desta forma a calor.

Entre as múltiples vantaxes do Verea System, destacan:

    • Amortece os cambios de temperatura e mellora substancialmente o comportamento térmico da cuberta en climas cálidos.
    • Produce o secado das tellas, evitando que a humidade quede estancada entre as tellas e o soporte e que aparezcan condensacións, eliminando os problemas de heladicidade e mofos.
    • Prolonga a vida útil do illante térmico e da impermeabilización.