A Asociación Española de Fabricantes de Ladrillos y Tejas de Arcilla Cocida ( Hispalyt) convocou unha nova edición do seu IV Premio de Arquitectura de Tella. Trátase dun concurso de proxectos realizados entre 2017 e 2019 con tella cerámica que ten como obxectivo poñer en valor a produción arquitectónica do noso país realizada con materiais cerámicos e dar unha maior difusión e repercusión social das obras máis significativas durante os dous últimos anos.
As obras presentadas deberán utilizar de forma significativa tella cerámica na maior parte das súas cubertas ou paramentos exteriores, fabricada en España por algún dos membros de Hispalyt, como Verea, en calquera dos seus formatos, xeometrías e pezas especiais. As tellas deberán ter a marcado CE segundo a norma harmonizada UNE-EN 1304.
O Premio de Arquitectura de Tella está dotado con 3.000 euros en cada unha das categorías “Rehabilitación e “Obra nova” e dúas mencións de 600 euros nesas mesmas categorías. O xurado resérvase o dereito de outorgar outras mencións especiais sen dotación económica.
Aos premios poderán concorrer profesionais, arquitectos e construtores, de nacionalidade española ou estranxeira, con obras de nova planta de uso público ou privado, reformas, rehabilitacións ou espazos públicos urbanos, tanto situadas en España como no estranxeiro.
A data límite para a presentación da documentación é o 17 de decembro de 2019. Máis información sobre as bases e presentación da documentación na web de Hispalyt.