As tellas Verea superan o ensaio de resistencia ao impacto do granizo nos Estados Unidos

No test de resistencia ao impacto, as bolas de xeo impactan nas tellas a unha velocidade de 112 km/h.

As tellas Verea acaban de superar o test de resistencia ao impacto do granizo FM 4473 no seu nivel 3, realizado no laboratorio estadounidense Intertek. Nesta proba, unha bola de xeo de 44,45 mm de diámetro, similar ao tamaño dunha pelota de golf, é propulsada como un mísil contra as tellas a 112 km/h de velocidad sen que cause desperfectos no tellado. Este test de resistencia é considerado nivel 3 polo diámetro de granizo propulsado.

Esta é unha proba máis da gran resistencia das tellas Verea ante condicións climáticas adversas, como adoitan ser as tormentas de granizo moi habituais no centro-sur de Estados Unidos.

Ademáis, desde o ano 2009, as tellas Verea están clasificadas co nivel 1 de resistencia ás xeadas según a normativa europea UNE EN 539-2, que esixe superar máis de 150 ciclos de heladicidade. As tellas Verea son as únicas do mercado que certificaron resistencia a máis de 500 ciclos de xeo-desxeo.

Actualmente, toda a tella Verea ten autorización para colocarse nas zonas climatolóxicamente más esixentes, como no norte de Estados Unidos e Canadá.

50 anos de garantía

Tejas Verea é un referente no sector cerámico nacional que ofrece solucións integrais de cubiertas. É o único fabricante español de tella cunha garantía de 50 anos de exención de defectos, o que lle sitúa como empresa líder do sector en ofrecer aos seus clientes uns produtos cuxa calidade está garantiza para toda a vida, sen costes adicionais.

Ademáis, a compañía foi a primeira do sector en homologar dous sistemas de instalación de cubertas: “Verea System” e “VereaLine System”. Estas solucións constructivas permiten optimizar as prestacións e a durabilidade das tellas, protexendo as cubertas nas condicións meteorolóxicas máis extremas, e reducindo custos de instalación e mantemento.

Calcula cuántas Tejas Verea necesitas por metro cuadrado

Consúltanos y te llamaremos para explicarte cuántas tejas necesitas, tipo y su coste


He leido y acepto los términos de la cláusula adicional de protección de datos de TEJAS VEREA, S. A.

Tejas Verea. La empresa de fabricación y distribución de tejas nº1 en España. Por coste y calidad

Add Your Comment