Tejas Verea

FAQ

Xornada de portas abertas 2022: un paseo pola nosa historia - Imagen destacada

Tellas Verea celebra unha xornada de portas abertas para mostrar aos veciños de Mesía e concellos limítrofes a transformación da empresa e de Mesía ao longo dos anos, a través dunha exposición de fotografías antigas.

Os visitantes poderán ver máis de 50 anos en fotos inéditas nas que se mostran os inicios da fábrica en 1967, recordos de traballadores que formaron parte do equipo e a evolución das instalacións e arredores en Mesía. Tamén descubrirán como ven os tellados de Galicia desde as alturas.

A cita terá lugar o sábado 15 de outubro, con visitas cada 30 minutos en horario de mañá (11:00-13:00) e tarde (16:00-18:30). Entrada gratuíta previa inscrición.

Durante a visita compartiremos un tentempié de produtos galegos de proximidade e unha selección de produtos da granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda. Ademais, poderemos ver en directo como se fabricaban antigamente as tellas da man dun auténtico cabaqueiro.

Un ano máis, Tellas Verea colabora co Concello de Mesía a través dunha entrada solidaria de 1kg de alimentos non perecedoiros que doaremos ao Banco de Alimentos do Concello.

Esperámosche!

1