Tejas Verea

FAQ

Webinar “Euronit e Tejas Verea: Tellados máis eficientes” - Imagen destacada

WEBINAR EURONIT VEREA scaled

A cuberta é o elemento máis exposto ás inclemencias do tempo dunha vivenda, polo que resulta fundamental executar solucións que garanticen a impermeabilización e unha alta eficiencia enerxética. Euronit e Tejas Verea desenvolveron un sistema de instalación completo e certificado mediante un Documento de Idoneidade Técnica (DIT), que cobre todas os aspectos da cuberta, garantindo o seu deseño, durabilidade e confort.

O webinar contará coa participación de Luciano Sierra, técnico de Euronit, e de Manuel Verea, enxeñeiro e responsable da Oficina Técnica de Verea, que abordarán os seguintes temas:

Luciano Sierra explicará as vantaxes do fibrocemento como impermeabilización sobre outras solucións, e tendo en conta os diferentes tipos de placa, presentará as solucións integrais para cubertas con Naturtherm+: impermeabilización, illamento térmico e acabado inferior.

Pola súa banda, Manuel Verea expoñerá cales son as vantaxes da tella cerámica como elemento de cubrición final da cuberta, analizará os diferentes tipos de tellas e as solucións de instalación sobre placa de fibrocemento segundo o Documento de Idoneidade Técnica.

Lembra que para unirche ao webinar só necesitas  inscribirte aquí previamente e ter conexión a internet.