Tejas Verea

FAQ

Verea e o Concello de Mesía conectan aos mozos co rural a través da campaña ‘EnTéllate’ - Imagen destacada

Estudantes de Ordes e Arzúa visitarán o Centro de Interpretación de Brañas de Valga e á fábrica de Tejas Verea

Descubrirán o valor os recursos naturais desde as perspectivas ambiental, histórica e social

Escolares de educación primaria de Ordes e Arzúa participarán na nova edición da campaña “EnTéllate”, unha iniciativa promovida pola empresa Tejas Verea e o Concello de Mesía para poñer en valor os recursos naturais do rural, como a arxila e a importancia da súa xestión sostible e responsable.

O alcalde de Mesía, Mariano Castro; o director xeral de Tejas Verea, Luís Verea, e  a directora da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Arantxa Prado, destacaron a necesidade de sensibilizar aos máis novos nas posibilidades de futuro do rural.

A campaña, que está dirixida a escolares de 6º de primaria, inclúe visitas guiadas ao Centro de Interpretación Brañas de Valga en Mesía onde poderán coñecer a evolución da industria cerámica en Galicia e experimentarán coa arxila nun taller de barro.

A continuación, visitarán Tellas Verea para descubrir como a arxila se transforma nunha tella sostible e resistente, grazas á innovación tecnolóxica e a certificacións de calidade e medio ambiente como a ISO 9001:2015 e ISO 14001:2015, a Certificación EMAS, o selo Calculo e Reduzo do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e o certificado de Xestión Mineira Sostible GMS-2022/0001.

Image 1 1024x768 1

Unha campaña gratuíta para que os escolares ‘decátense’

A iniciativa ten como obxectivo que os escolares ‘se decaten’ e reforzar a súa conexión co medio rural, desde unha tripla perspectiva: ambiental (#BioEnTéllate), histórica (#HistoriEnTéllate) e social (#RuriEnTéllate).

BioEnTéllate é un achegamento aos recursos naturais da contorna e o medio natural de As Brañas en Mesía. HistoriEnTéllate aborda a evolución da historia da arxila en Galicia e a profesión dos ‘cabaqueiros’ ou mestres tecervos. RuriEnTéllate analiza sectores que son fundamentais para o rural e o seu impacto económico.

A campaña EnTéllate desenvólvese de forma gratuíta para os centros escolares das comarcas de Ordes e Arzúa e conta con prazas dispoñibles para a primeira quincena do mes de xuño. Para participar, os centros escolares deben enviar un email ao correo electrónico comunicacion@tejasverea.com

Tejas Verea

Empresa fabricante de tellas e solucións integrais para cubertas localizada en Mesía (A Coruña) nun complexo industrial de case 300.000 metros cadrados, distribuídos entre 3 liñas de produción con capacidade para fabricar 50 millóns de tellas ao ano, unha planta de moenda preparada para procesar máis de 200.000 toneladas ao ano e dous patios de almacenamento. Fundada en 1967, dá emprego a 65 traballadores