Este sistema de instalación baséase na construción dunha cuberta ventilada que reduce a humidade e supera ventos de 180 Km/ h. As cubertas realizadas co Verea System dispoñen dunha garantía de 50 anos.
As tellas Verea permiten “crear cubertas ecosustentables e eficientes energéticamente”. Ademais, “a súa maior durabilidade e resistencia” minimizan o gasto enerxético e o consumo dos materiais para a súa fabricación, así o explicou Manuel Verea, director comercial de Verea, na xornada DPA Forum sobre Innovación na arquitectura, a construción e a rehabilitación, celebrada en Santiago de Compostela.
Máis de 80 arquitectos e instaladores de toda Galicia, que participaron nesta xornada técnica, coñeceron as vantaxes do VereaSystem, o único sistema de instalación homologado en España desenvolto segundo os Documentos de Idoneidade Técnica ( DIT nº 622/16).
Entre outras vantaxes deste sistema destacan “a redución da humidade”, xa que se trata dunha cuberta ventilada; “un sistema de ancorado que supera ventos de máis de 180Km/ h” e a redución dos tempos en obra, “grazas á súa fácil montaxe”, sinalou Manuel Verea.
O Verea System permite incrementar tanto a durabilidade das tellas como as prestacións do tellado. Ademais, para as cubertas que se instalan con este sistema, ofrecemos unha garantía de 50 anos.
As tellas Verea, as de maior durabilidade
As fichas técnicas de AENOR (Asociación Española de Normalización e Certificación) inclúen como valor garantido que as tellas Verea superan os 500 ciclos xeo-desxeo, despois de que o certificase un laboratorio independente.
Deste xeito, Verea convértese na primeira compañía española do sector en alcanzar este recoñecemento técnico, que certifica que son as tellas con maior durabilidade que se fabrican en España.