Tejas Verea

FAQ

Galicia Calidade identifica as empresas adheridas con tellas cerámicas Verea - Imagen destacada

  • Fabricadas por Tellas Verea, a nova sinalización está formada por tellas cerámicas de vangarda e de calidade superior, froito dun proxecto de innovación da industria cerámica galega
  • A nova sinalización é un paso máis na aposta de Galicia Calidade pola sustentabilidade e da súa estratexia de apoiar ás empresas certificadas para que avancen cara un modelo económico máis sostible, circular e inclusivo

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, presentou a nova sinalización, realizada con tellas cerámicas galegas de vangarda, coas que se identifica fisicamente as empresas adheridas a Galicia Calidade e que quere ser un símbolo da aposta decidida da marca de garantía da Xunta de Galicia pola sustentabilidade.

No acto de presentación, celebrado no Hotel Bela Fisterra (Fisterra, A Coruña), participaron tamén Luís Verea, director xeral de Tellas Verea, fabricantes das tellas; e Pepe Formoso, propietario do establecemento hostaleiro no que se celebrou o evento, así como o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor. Ana Méndez destacou que a nova sinalización enmárcase na estratexia de Galicia Calidade de apoiar as empresas que contan con produtos avalados pola marca de garantía que apostan pola sustentabilidade, a eficiencia enerxética e a bioeconomía circular.

Os novos sinais, que xa se mostran fisicamente nas fachadas das instalacións das máis de 150 empresas que contan co certificado de Galicia Calidade, son elementos naturais e sostibles, froito da combinación de arxilas galegas de proximidade e elementos naturais como a auga e o lume, e fabricadas baixo criterios de economía circular.

Trátase dun modelo de tella plana resultado dun proxecto de innovación desenvolto por Tellas Verea, que conta coa marca de garantía da Xunta, e conta cunha calidade que supera os límites actuais de resistencia e durabilidade e cun deseño e acabado de vangarda. A implementación do logo de Galicia Calidade e acabado definitivo foi realizado polo estudo de deseño Cenlitrosmetrocadrado.

Galicia Calidade valora e promove o esforzo das empresas para contar con provedores e produtos locais, unha maior eficiencia enerxética, a xestión #de acordo con os principios da economía circular (redución, reutilización, valorización dos produtos e substitución das materias primas de orixe fósil por outras de orixe vexetal), ademais da aplicación dos criterios ASG (protección ambiental, compromiso social e bo goberno) para continuar avanzando cara ao cumprimento da Axenda 2030.

Nueva senalectica Galicia Calidade Tejas Verea 1024x768 1

Tejas Verea

Empresa fabricante de tellas e solucións integrais para cubertas localizada en Mesía (A Coruña) nun complexo industrial de case 300.000 metros cadrados, distribuídos entre 3 liñas de produción con capacidade para fabricar 50 millóns de tellas ao ano, unha planta de moenda preparada para procesar máis de 200.000 toneladas ao ano e dous patios de almacenamento. Fundada en 1967, dá emprego a 65 traballadores.