Tejas Verea

FAQ

Escolares galegos conectan co rural e descobren a industria cerámica galega a través da campaña ‘EnTéllate’ - Imagen destacada

Estudantes educación primaria da Comarca de Ordes e Betanzos visitaron o Centro de Interpretación de Brañas de Valga e a fábrica de Tejas Verea en Mesía

As xornadas EnTéllate, celebradas durante esta semana, mostraron o valor dos recursos naturais e as posibilidades de futuro do rural

Escolares de educación primaria das comarcas de Ordes e Betánzos participaron na campaña “EnTéllate”, unha iniciativa promovida pola empresa Tejas Verea e o Concello de Mesía para poñer en valor os recursos naturais do rural, como a arxila e a importancia da súa xestión sostible e responsable.

A campaña, na que participaron escolares de 6º de primaria e cuxa última sesión celebrouse hoxe, incluíu visitas guiadas ao Centro de Interpretación Brañas de Valga en Mesía. Situado nunha antiga canteira restaurada e convertida en lagoa e centro de divulgación ambiental, en Brañas de Valga os máis pequenos descubriron a evolución da industria cerámica en Galicia e experimentaron coa arxila nun taller de barro.

As xornadas finalizaron coa visita ás instalacións de Tejas Verea, unha fábrica automatizada e dotada da última tecnoloxía, referente do sector cerámico en España. Nela os escolares descubriron o proceso completo de transformación da arxila nunha tella sostible e resistente, grazas á innovación tecnolóxica.

O percorrido finalizou coa entrega de material divulgativo e formativo para realizar actividades posteriormente nas aulas, e nas que os escolares profundarán no valor dos nosos recursos naturais e as posibilidades de futuro no rural.

Visita EnTellate Centro de Interpretacion Branas de Valga 2 1024x768 1

Visita EnTellate Centro de Interpretacion Branas de Valga 1024x768 1

Visita EnTellate Tejas Verea 1

Visita EnTellate Tejas Verea 2

Unha campaña para que os escolares ‘decátense’

O obxectivo da iniciativa, que celebrou este ano a súa segunda edición, é que os escolares ‘se decaten’ e reforzar a súa conexión co medio rural, desde unha tripla perspectiva: ambiental (#BioEnTéllate), histórica (#HistoriEnTéllate) e social (#RuriEnTéllate).

BioEnTéllate é un achegamento aos recursos naturais da contorna e o medio natural de As Brañas en Mesía. HistoriEnTéllate aborda a evolución da historia da arxila en Galicia e a profesión dos ‘cabaqueiros’ ou mestres tecervos. RuriEnTéllate analiza sectores que son fundamentais para o rural e o seu impacto económico.

Tejas Verea

Empresa fabricante de tellas e solucións integrais para cubertas localizada en Mesía (A Coruña) nun complexo industrial de case 300.000 metros cadrados, distribuídos entre 3 liñas de produción con capacidade para fabricar 50 millóns de tellas ao ano, unha planta de moenda preparada para procesar máis de 200.000 toneladas ao ano e dous patios de almacenamento. Fundada en 1967, dá emprego a 65 traballadores