Verea adhírese ao Pacto Mundial das Nacións Unidas para impulsar o desenvolvemento sustentable

A empresa galega Tejas Verea, fabricante de tellas e solucións eficientes con tella cerámica para cubertas, adheriuse ao Pacto Mundial de Nacións Unidas co obxectivo de aliñar as súas estratexias e operacións cos principios universais en dereitos humanos, normas laborais, medioambiente e loita contra a corrupción.

Nos últimos anos, Verea desenvolveu accións enmarcadas en 13 dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable ( ODS) promovidos polas Nacións Unidas en materia de dereitos laborais, medio ambiente ou xestión sustentable dos recursos.

O obxectivo da compañía é avanzar na promoción de todos os ODS, implementando novas accións en saúde laboral, igualdade de xénero, promoción de economía local, formación de calidade e produción e consumo responsables.

España conta con 1.583 empresas asinantes do Pacto Mundial da ONU, das que 107 pertencen ao sector da construción. Verea é a única empresa do sector cerámico español integrante nesta iniciativa de desenvolvemento global.

Compromiso coa sociedade e a contorna

Verea desenvolve desde hai anos unha política de Responsabilidade Social Empresarial en favor do equilibrio entre o crecemento económico, o benestar social, o coidado do medioambiente e o uso sustentable dos recursos naturais.

É unha empresa vinculada coa comunidade e o seu desenvolvemento, a través da xeración de emprego e riqueza no rural galego e o impulso de campañas como ‘ EnTéllate’, un proxecto de acción social, educativa e ambiental para poñer en valor entre os máis novos os recursos naturais do medio rural e a súa xestión responsable.

Desde os seus inicios, Verea defende valores e compromisos nas relacións cos traballadores que fomentan a calidade de vida no traballo a través da creación dunha política de emprego estable e medidas de conciliación familiar.

En materia ambiental, desde o ano 2012 Verea mide as súas emisións de CO2 coa Calculadora de Pegada de Carbono do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, coa que conseguiron reducir o 6,65% das súas emisións de CO2  á atmosfera.

Desde hai máis de 15 anos, Verea conta cun plan de redución de emisións co que conseguiu cero emisións de CO2 derivadas da electricidade e investíronse máis de 150.000 euros para reducir as emisións directas producidas nos fornos e secaderos, aumentando os reaprovechamientos enerxéticos e os illamentos.

Calcula cuántas Tejas Verea necesitas por metro cuadrado

Consúltanos y te llamaremos para explicarte cuántas tejas necesitas, tipo y su coste


He leido y acepto los términos de la cláusula adicional de protección de datos de TEJAS VEREA, S. A.

Tejas Verea. La empresa de fabricación y distribución de tejas nº1 en España. Por coste y calidad

Add Your Comment