Tellas solidarias para promover a inclusión das persoas con discapacidade

  • Os usuarios de Amarai pintaron e prepararon 30 tellas cerámicas para vender na súa web www.amarai.es para recadar fondos para as súas actividades 

A Asociación de Persoas con discapacidade e apoio á integración das comarcas de Arzúa e Terras de Melide, Amarai, e a empresa fabricante de tellas Tejas Verea, presentaron en Boimorto as tellas solidarias coas que queren promover a inclusión das persoas con discapacidade.

Un total de 30 socios de Amarai pintaron e prepararon as tellas que serán vendidas na súa páxina web: www.amarai.es para recadar fondos para as actividades do centro. O coronavirus, o Camiño de Santiago, Rosalía de Castro ou Castelao son algúns dos motivos elixidos polos usuarios de Amarai. Ademais, existen outras temáticas sobre movementos sociais ou artistas internacionais.

A recadación destinarase á realización de actividades de lecer e tempo libre e a compra de materiais como pinturas, vimbia ou coiro para outros talleres que están a realizar desde hai tempo noutras tarefas como manualidades, cestería, marquetería ou coiro. O presidente de Amarai, Jose Luís Costoya, agradeceu a colaboración e manifestou que espera que sexa o primeiro de moitos convenios de futuro coa empresa Tejas Verea un referente no seu sector. Porque estes xestos facilitan que as persoas con discapacidade poidan potenciar as súas capacidades.

Ademais de colaborar cos talleres de manualidades, Tejas Verea colabora coa asociación cunha achega económica destinada á compra de distintos materiais e utensilios para outras actividades. Luís Verea, director xeral de Tellas Verea, puxo en valor a calidade dos traballos e a importancia da vinculación entre as empresas e os colectivos sociais da contorna, necesaria para promover e dinamizar o desenvolvemento da comunidade.

A iniciativa enmárcase na campaña ReEnTéllate posta en marcha por Tejas Verea para promover a reciclaxe das tellas e o seu uso en decoración ou xardinería entre os colectivos sociais e culturais da comarca.

Amarai

Asociación de persoas con discapacidade que ten como obxectivo principal conseguir a plena inclusión destas persoas a través da defensa e promoción dos seus dereitos, a reivindicación do cambio social e a prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

Tejas Verea

Empresa fabricante de tellas e solucións integrais para cubertas localizada en Mesía (A Coruña) desde 1967. Con capacidade para fabricar 50 millóns de tellas ao ano, dá emprego a 55 traballadores e mostra a súa vinculación e compromiso coa comunidade e o seu desenvolvemento impulsando proxectos de acción social, educativos e ambientais.

Add Your Comment

Calcula cuántas Tejas Verea necesitas por metro cuadrado

Consúltanos y te llamaremos para explicarte cuántas tejas necesitas, tipo y su coste


He leido y acepto los términos de la cláusula adicional de protección de datos de TEJAS VEREA, S. A.

Tejas Verea. La empresa de fabricación y distribución de tejas nº1 en España. Por coste y calidad