Calcula cuántas Tejas Verea necesitas por metro cuadrado

Consúltanos y te llamaremos para explicarte cuántas tejas necesitas, tipo y su coste


He leido y acepto los términos de la cláusula adicional de protección de datos de TEJAS VEREA, S. A.

Tejas Verea. La empresa de fabricación y distribución de tejas nº1 en España. Por coste y calidad

O illamento da cuberta inclinada, principal preocupación dos profesionais

Máis de 230 profesionais participaron nos webinars técnicos sobre cubertas ventiladas de tella cerámica organizadas por Verea en colaboración con Euronit

Tejas Verea organizou durante os meses de maio e xuño nun programa de webinars técnicos para analizar a execución de cubertas ventiladas co Verea System, nos que participaron máis de 230 arquitectos e aparelladores de toda España, profesionais de empresas de construcción e de materiais, da Administración (técnicos del IGVS, arquitectos técnicos de diferentes concellos) e estudantes de arquitectura.

O director da oficina técnica de Tejas Verea, Manuel Verea impartiu catro sesións en colaboración con Luciano Sierra, técnico comercial de Euronit, Jose Antonio Martínez, Área Manager e Álvaro Charle, técnico de Euronit.

Nos encontros participaron profesionais de Galicia, España e de outros países como Estados Unidos, Colombia, Reino Unido, Francia, Alemania o Suecia.

Dudas técnicas sobre as cubertas inclinadas

Durante as webinars, os asistentes puideron resolver dudas técnicas en directo. Ademáis de profundizar nas claves para a execución dunha cuberta inclinada con tella e coñecer as súas vantaxes, os profesionais plantexaron a súas inquietudes. A maioría se centraron en cómo garantir a ventilación e o illamento deste tipo de cubertas, colocación de tellas planas, pendentes mínimas de instalación e pezas especiais para cubertas.

Respecto á ventilación, púxose en evidencia que a súa execución mediante unha solución de fixación das pezas cerámicas en seco é a mellor forma de garantila, sendo un factor de especial relevancia no Verea System, que inclue un sistema de alero e cumbrera ventilada, o que garante a entrada e saída de aire da cuberta, mellorando o seu comportamento higrométrico e aumentando a durabilidade das tellas cerámicas.

En canto o illamento, a maioría das cuestións que se plantexaron plasmaban a preocupación para poder cumprir os esixentes estándares do novo CTE e a cómo compatibilidar espesores de illamento relevantes co Verea System. Neste sentido, o sistema é totalmente compatible con calquera tipo de solución e espesor de illamento (XPS, EPS, PUR, etc) puidendo incluso aplicarse de forma directa sobre solucións como a que neste caso proponía Euronit co seu Naturtherm+.

Durante as sesións tamén se aclarou aos asistentes que, ao tratarse dun sistema multicapa, a menor pendente admisible para a cuberta é a mínima que marque a capa de impermeabilización, que para o caso do fibrocemento é do 26%, puidendo reducirse a valores inferiores mediante a colocación de burletes de selaxe, sempre previa consulta co departamento técnico de Verea, que analizará este tipo de obras de forma individualizada.

Outras preguntas técnicas dirixíronse a coñecer os detalles do sistema de instalación VereaLine desenvolvido por Verea e Euronit, os tipos de fixación dos seus elementos (tella, placa) e as vantaxes dla fixación con espuma.

En canto a accesorios e pezas especiais, as preguntas dos profesionais centráronse en coñecer a durabilidade e calidades dos accesorios utilizados no sistema de instalación desenvolvido por Verea e cómo garantir a fixación das pezas especiais da cuberta.

Consulta preguntas frecuentes en: https://tejasverea.com/gl/preguntas-frecuentes-3/

Add Your Comment