Calcula cuántas Tejas Verea necesitas por metro cuadrado

Consúltanos y te llamaremos para explicarte cuántas tejas necesitas, tipo y su coste


He leido y acepto los términos de la cláusula adicional de protección de datos de TEJAS VEREA, S. A.

Tejas Verea. La empresa de fabricación y distribución de tejas nº1 en España. Por coste y calidad

Tres casos de éxito de renovación de cubertas de tella en edificios históricos mediante o Verea System

Analizamos a rehabilitación das cubertas de tres edificios históricos españois mediante o noso sistema de instalación Verea System. Trátase do mosteiro de Santa Cristina en Parada de Sil (Ourense), o Palacio Real de Valladolid e o templo visigodo de Santa Comba de Bande (Ourense).

Monasterio de Santa Cristina – Parada de Sil

O mosteiro benedictino de Santa Cristina (Parada de Sil – Ourense), cuxo orixe data do século X, foi sometido a unha profunda actuación de rehabilación no ano 2018, labores que incluíron entre outras, a reparación total das súas cubertas cunha superficie aproximada de 650 m2.

A estrutura de cuberta estaba formada por tella cerámica colocada sobre un forxado de ripia, e adoecía de problemas tales como filtracións de auga e esvaramento de tellas. De acordo co DIT 590 R/18 de Tellas Verea, a solución realizouse colocando unha placa ondulada impermeabilizante lixeira, sobre a que se fixou mecanicamente e en seco tella de 45×20 acabado rústico. A solución garante a microventilación de toda a cuberta grazas á entrada de aire polo beirado e a súa saída mediante o sistema de cumbrera ventilada contemplado no propio DIT.

Palacio Real de Valladolid

Durante o ano 2019 levaron a cabo os labores de rehabilitación de tres faldones da zona nordés do Palacio Real de Valladolid, residencia oficial dos Reyes de España no século XVII e actualmente sede da Subinspección Xeral do Ministerio de Defensa.

Estas zonas estaban moi afectadas polas filtracións de auga, polo que se procedeu a retíraa da cubrición cerámica antiga e da placa impermeabilizante asfáltica, moi deteriorada e en moitos casos desgarrada na zona de ancoraxe.

A continuación, e dada a irregularidade do forxado de cuberta, aplicouse un formigón lixeiro de nivelación, sobre o que posteriormente se colocou un illamento ríxido tipo XPS e unha capa impermeabilizante asfáltica.

Para a colocación da tella cerámica vermella seguíronse as indicacións do DIT 590 R/18, mediante unha fixación mecánica de todas as tellas, con especial atención ás tellas de beirado que se aparafusaron integramente a un soporte especialmente deseñado para este propósito e incluído no sistema. A cumbrera e limatesa executáronse mediante un perfil metálico sobre o que de novo aparafusáronse as tellas de cumbrera (que xa veñen pretaladradas de fábrica), garantindo a impermeabilidad e ventilación mediante a colocación dunha lámina impermeable transpirable baixo mencionado perfil, así como cuñas cerámicas.

Templo visigodo de Santa Comba de Bande – Ourense

O templo visigodo de Santa Comba de Bande (Ourense) data do século VII. No ano 2016 realizouse unha rehabilitación integral da súa cuberta (uns 200 m2), co obxectivo de solucionar os problemas de humidades, filtracións de auga e caída de restos de tellas antigas desconchadas polos efectos da xeada.

Como primeiro paso da actuación procedeuse a retirar a cobertura cerámica na súa totalidade, así como as placas de fibrocemento, que ademais de estar danadas contiñan amianto. Estas placas substituíronse por unhas novas (cuxa fabricación se realizan sen amianto desde 2002), e sobre elas procedeuse á colocación de tella curva cerámica Verea cor Xacobea, seguindo as indicacións do Verea System ( DIT 622/16). Para asegurar que todas as pezas da cuberta quedasen fixadas e evitar posibles esvaramentos das mesmas, todas as tellas de beirado fixáronse mecanicamente á placa ondulada, asegurando o resto á placa de fibrocemento con gacho de aceiro inoxidable e escuma de poliuretano. Do mesmo xeito, a cumbrera executouse tamén cunha solución en seco, aparafusando as tellas de cumbrera a un perfil metálico autonivelante, o que garante á correcta ventilación da cuberta mediante a entrada de aire pola zona de beirado e a súa saída pola cumbrera, mediante o “efecto cheminea”.

Podes ler o artigo técnico completo elaborado pola web de arquitectura Tectónica sobre estas tres renovacións de cubertas aquí.

Add Your Comment