O templo visigodo de Santa Comba de Bande recuperou o seu esplendor ca nova cuberta de Verea

A igrexa visigoda de Santa Comba de Bande, templo da segunda metade do século VII, loce desde hai uns anos unha nova cuberta con tella cerámica galega Verea, tras a rehabilitación realizada co obxectivo de protexer e preservar a edificación histórica.

A cuberta, cunha superficie de actuación de 200 metros cadrados, presentaba múltiples patoloxías entre as que destacaban o desconchamiento e o esvaramento de tellas, as filtracións de auga e problemas de humidades.

A solución aplicada durante a rehabilitación da cuberta, levada a cabo pola empresa Resconsa, consistiu en retirar a tella cerámica preexistente e en moi mal estado, así como a placa ondulada de fibrocemento antigo, substituíndoa por unha nova en perfectas condicións. Sobre esa placa impermeabilizante e seguindo as indicacións do sistema de instalación Verea System ( DIT 622/16), procedeuse á colocación de tella curva cerámica Verea, cor Xacobea.

Para asegurar que todas as tellas da cuberta quedasen fixadas e evitar posibles esvaramentos das mesmas, todas as tellas de beirado fixáronse mecanicamente á placa ondulada, asegurando o resto á placa de fibrocemento con gacho de aceiro inoxidable e escuma de poliuretano.

Do mesmo xeito, a cumbrera executouse tamén cunha solución en seco, aparafusando as tellas de cumbrera a un perfil metálico autonivelante, o que garante á correcta ventilación da cuberta mediante a entrada de aire pola zona de beirado e a súa saída pola cumbrera, mediante o “efecto cheminea”.

Unha nova vida ás cubertas dos edificios ourensáns

As tellas Verea están presentes en moitas das rehabilitacións das cubertas de edificios históricos da provincia de Ourense, nas que é fundamental realizar intervencións o menos invasivas posibles de forma que se conserve a estética orixinal da estrutura para rehabilitar, ademais de achegar novas prestacións de protección e durabilidade aos tellados.

Destacan as rehabilitacións dos tellados da Catedral de Ourense, o Mosteiro de Santa María a Real de Oseira (San Cristovo de Cea), o Mosteiro de Santo Estevo (Nogueira de Ramuín) e o Mosteiro de Santa Cristina (Parada de Sil).

Add Your Comment