Tejas Verea amplía presenza en EE. UU. incorporando na súa rede de vendas aos estados de Kansas, Nebrasca e as dúas Dakotas

  • A compañía acomete un Plan de Investimento de 3 millóns de euros para mellorar as liñas de produción e fabricar novos modelos de tella
  • Verea pecha 2019 consolidando a súa posición no mercado nacional onde destina o 70% da produción, no que Galicia representa o 80% 

A empresa galega Verea, fabricante de tellas e solucións eficientes con tella cerámica para tellados, acudiu un ano máis á International Roofing Expo, celebrada en Dallas (Texas), co obxectivo de ampliar mercado en EE.UU. e empezar a vender o seus produtos en Kansas, Nebrasca e as dúas Dakotas.

O fabricante galego xa vende nos estados de Florida, Lousiana, Texas, Xeorxia e Carolina do Sur, onde conseguiu unha boa implantación pola súa calidade e a capacidade de superar as elevadas esixencias técnicas debido á climatoloxía e a presenza de furacáns. Mostra diso é unha das últimas obras realizadas, o hospital AdventHealth Celebration de Orlando, Florida. Trátase dun hospital de referencia en Estados Unidos, recoñecido como un dos mellores do país e o número 1 no ranking de hospitais de Florida. Conta con máis de 29.300 metros cadrados de superficie e 220 camas.

En 2019, as exportacións de Verea representaron o 30% da súa produción, unha menor porcentaxe con respecto a 2018, cando as exportacións incrementáronse significativamente pola devastación que ocasionou o furacán Irma.

En canto ao mercado nacional, o fabricante de Mesía consolida a súa posición onde vende o 70% da súa produción. O maior volume de vendas rexistrouse nas Comunidades Autónomas de Galicia e Asturias.

En 2019, a facturación de Verea ascendeu a 9,5 millóns de euros e o emprego a 55 traballadores

En 2020, conclúe o Plan de Investimentos

No presente exercicio, Verea terminará de realizar as melloras na fábrica previstas no Plan de Investimentos por valor de 3 millóns de euros.

Actualmente, implanta melloras nas liñas de produción e monta unha nova liña para a fabricación de novos modelos de tella.

En 2019, a compañía incorporou un novo laminador de arxila cunha granulometría moi fina para reducir a absorción de auga, aumentar a resistencia das tellas e optimizar o seu acabado, o cal supuxo un investimento de 600.000 euros.

Estes investimentos súmanse ás realizadas pola compañía para minimizar o impacto ambiental da súa actividade. Desde o ano 2012, Verea levou a cabo diversas investimentos para mellorar a calidade das instalacións e reducir o seu impacto ambiental.

Add Your Comment