Un tellado é para toda a vida, que non che dean a chapa!

En Verea ofrecemos unha durabilidade para toda a vida. Con cicloxénesis explosivas, choiva e xeadas, un tellado instalado co Verea System é para toda a vida. Para ti, para os teus fillos e para os teus netos.

  • Cun tellado de tella non hai risco de incendio. Polas súas características, nun incendio a tella non arde. Con todo, outras solucións como a chapa metálica, se o fan.
  • As cubertas de chapa teñen un baixo illamento acústico, o que fai que se escoite o ruido exterior e a choiva, ademáis dos ruidos das dilatacións que se producen neste tipo de materiais cos cambios de temperatura. Os tellados de tella protexen e illan dos ruidos exteriores do edificio.
  • As tellas resisten mellor as inclemencias do tempo. Os ventos fortes levantan un tellado de chapa ou panel. Sen embargo, os ensaios demostran que nin sequera un vento de 180 km/h levanta as tellas colocadas co Verea System.
  • A salitre do mar corroe calquera elemento metálico como a chapa, mentres que a tella non é corrosible.
  • A tella é un produto natural que se fabrica con arxila e é reciclable; os paneis fabrícanse a partir de compoñentes químicos, polo tanto son materiais contaminantes.

Esixe sempre unha garantía de calidade oficial e acreditada. Tejas Verea ofrece ao propietario unha garantía de máis de 50 anos sobre o produto que responde ante calquera dano.

Necesitas máis razóns para escoller un tellado de tella?

Add Your Comment