Verea inviste 600.000 euros nun novo laminador de arxila para reducir la absorción de auga e aumentar a resistencia das tellas

A fábrica de Tellas Verea en Lanzá (Mesía) conta cun novo laminador de arxila capaz de realizar unha moenda cunha granulometría moi fina, unha nova tecnoloxía que permite incrementar a calidade das tellas, xa que reduce a absorción de auga, aumenta a súa resistencia e mellora o seu acabado.

A adquisición desta tecnoloxía para a planta de moenda supuxo un investimento de máis de 600.000 euros e enmárcase no Plan de Inversión 2019-2020, mediante o que a compañía prevé realizar investimentos por valor de 2,5 millóns de euros.

Os outros investimentos previstos supoñerán melloras de proceso das tres liñas de produción co obxectivo de seguir mellorando a calidade das tellas. Verea ten unha capacidade de produción en Mesía de 50 millóns de tellas ao ano, nun complexo industrial de casi 300.000 metros cadrados. A facturación ascende a 10,3 millóns de euros e da emprego a 60 traballadores.

As tellas de Verea son as que ofrecen a durabilidade máis alta do mercado, con 50 anos de garantía certificada.

Durante a Xornada Anual de Portas Abertas Verea, máis de 100 personas dos concellos limítrofes visitaron a fábrica para coñecer todo o proceso de fabricación dunha tella. Tamén tiveron a oportunidade de ver o traballo dun cabaqueiro, o oficio tradicional de fabricación a man das tellas, como outora realizábanse.

molienda verea

Unha fábrica intelixente que reduce as súas emisións de CO2

Outro dos aspectos nos que a compañía traballa desde fai anos é a minimización do impacto medioambiental da actividade que realiza, mediante a implantación de medidas que reduzan a súa pegada de carbono e a redución no consumo de enerxía.

Desde o ano 2012, en Verea mídense as emisións totais de CO2 por tonelada producida de tellas coa Calculadora de Pegada de Carbono do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente a través da que conseguiron reducir o 6,65% das súas emisións de CO2 á atmosfera. En 2015, Verea convertiuse no primeiro fabricante de tella en inscribirse no Rexistro de Pegada de Carbono, Compensación e Proyectos de Absorción de CO2 do Ministerio.

Desde fai máis de 15 anos, Verea conta cun plan de redución de emisións e reduciron a cero as emisións de CO2 derivadas da electricidade. As liñas de produción só consumen enerxía eléctrica de fontes renovables e investíronse máis de 150.000 euros para reducir as emisións directas producidas nos fornos e secadeiros, aumentando os reaprovechamentos enerxéticos e os illamentos.

Add Your Comment