Escolares de Mesía e Boimorto destacan as propiedades naturais das tellas cerámicas no Día Mundial do Medio Ambiente

Esta mañá tivo lugar a entrega de premios da primeira edición do concurso escolar ‘EnTéllate’, organizado por Tejas Verea para promover o valor dos recursos naturais como a arxila e a súa xestión sostenible. Coincidiendo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, celebrouse una entrega de premios nos centros CPI de Xanceda (Mesía) e CPI Armando Cotarelo Valledor (Boimorto).

O traballo premiado na categoría individual do concurso foi un debuxo centrado no proceso de fabricación das tellas en Verea, realizado polo alumno Jesús García de 6º de primaria do CPI de Xanceda (Mesía). O debuxo destaca a orixe natural das tellas e a súa capacidade de protección para as edificacións.

Pola súa parte, na categoría colectiva o premio recaeu nas clases de 5º e 6º de primaria do CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto, que plasmaron nunha maqueta de plastilina e nun vídeo explicativo en ‘stop-motion’ a evolución do proceso de elaboración de tellas tradicional nunha telleira.

Luis Verea, director xeral de Tejas Verea, hizo entrega dos premios, felicitou aos gañadores polos seus traballos e agradeceu a todos os centros participantes as súas aportacións. Na primeira edición do concurso recibíronse propostas de centros escolares de Frades, Ordes, Boimorto e Mesía centradas na fabricación sosteible das tellas, a evolución na súa fabricación e propostas de ‘tellas do futuro’.

    

EnTéllate, unha campaña para que os xoves ‘se decaten’

O concurso escolar organizado por Tejas Verea está dirixido aos escolares participantes na primeira edición da campaña escolar EnTéllate, iniciativa que ten como obxectivo difundir e poñer en valor os recursos naturais da comarca desde un punto de vista medioambiental, histórico e social. Organizada en colaboración co Concello de Mesía e co apoio da Cámara Oficial Minera de Galicia, no presente curso participaron un total de 115 alumnos de primaria dos concellos de Ordes, Mesía, Frades e Boimorto.

50 anos de experiencia

Verea ten capacidade para fabricar 50 millóns de tellas anualmente. A empresa, con medio século de traxectoria, conta cunha plantilla de 50 traballadores. Na actualidade, exporta máis do 50% da súa produción a países de catro continentes. Verea é a única empresa do seu sector que ofrece unha garantía de 50 anos para todas as súas tellas.

Add Your Comment