Tejas Verea participa en Gijón na xornada para profesionais da construcción Infoedita

Gijón reuniu esta mañá a profesionais da arquitectura e a construción na xornada ‘Innovación en produtos e sistemas para a construción’, organizada por Infoedita no Hotel Rey Pelayo.

Cunha participación de máis de 70 profesionais do sector, a xornada contou con presentacións prácticas, mostras de produtos, material promocional e a posibilidade de establecer contacto profesional cos asistentes.

A innovación e a eficiencia enerxética, eixos da xornada 

A empresa galega Verea, fabricante de tellas e solucións eficientes con tella cerámica para cubertas, presentou durante a xornada o seu sistema de instalación propio, o Verea System.

Trátase dunha solución construtiva integral para os tellados homologada en España que permite incrementar tanto a durabilidade das tellas como as prestacións do tellado, achegando maior eficiencia enerxética ás edificacións.

A análise do sistema construtivo, realizado polo director comercial de Verea, Manuel Verea Garea, incluíu ademais información de ensaios técnicos aplicados e visualización de exemplos prácticos de instalación.

Verea, máis de 50 anos de experiencia 

Situada en Mesía (A Coruña), nun complexo industrial de case 300.000 metros cadrados, distribuídos entre 3 liñas de produción con capacidade para fabricar 50 millóns de tellas ao ano, unha planta de moenda preparada para procesar máis de 200.000 toneladas ao ano e dous patios de almacenamento. A compañía factura 10 millóns de euros e emprega a 50 traballadores.

Add Your Comment