Verea participa por oitavo ano na International Roofing Expo, co obxectivo de ampliar mercado en Norteamérica

Trátase da feira internacional máis importante especializada na construcción de tellados na que daránse cita máis de dez mil profesionais do sector. Máis do 50% da facturación de Verea en 2018 procedeu de mercados exteriores como Estados Unidos e o Caribe, Chile e Rusia.

Verea participa esta semana na International Roofing Expo por oitavo ano consecutivo, co obxectivo de ampliar mercado noutros estados de EEUU coa venta da tella “S” e a Caribbean “S”, deseñadas específicamente para atender a demanda en EE.UU, Centroamérica e as illas do Caribe.

A International Roofing Expo 2019, que se celebra do 11 ao 13 de febreiro en Nashville (Tennessee, EE.UU.), é a feira anual máis importante sobre a construcción de tellados que reúne ás principais empresas do mercado americano e as últimas innovacións tecnolóxicas. Na feira daranse cita máis de 10.000 profesionales do sector das cubertas e participan 467 empresas de 62 países.

As tellas Verea teñen unha gran implantación nos Estados Unidos, pola súa calidade e a capacidade para atender a demanda dunha rexión na que as esixenzas técnicas e de calidade destos materiais son moi altas, debido á climatoloxía e a presenza de furacanes e tormentas tropicais no sur do país.

EE.UU., un país clave nas exportacións de Verea

Verea exporta as súas tellas a 29 países de catro continentes e nos últimos anos incrementou as súas exportacións hacia mercados americanos. No 2018, aproximadamente o 50% da facturación de Verea realizouse no exterior.

A exploración do mercado de Estados Unidos por parte de Verea comenzou no 2006 e no 2017 incrementou as súas exportacións grazas á produción da tella Caribbean “S”, deseñada para atender o incremento de demanda nos EEUU e os países do Caribe. Na actualidade, as tellas Verea están presentes en estados norteamericanos como Florida, Texas, New York ou Louisiana.

Ubicada nun complexo industrial de casi 300.000 metros cadrados, distribuídos entre 3 liñas de produción con capacidade para fabricar 50 millóns de tellas ao ano, unha planta de moenda preparada para procesar máis de 200.000 toneladas ao ano e dous patios de almacenamento. A compañía factura 10 millones de euros e emplea a 46 traballadores.

Add Your Comment