Green Building Council España inclúe as tellas Verea na súa ‘Plataforma de Materiales Verdes’

As tellas Verea contribúen a sumar créditos en diferentes categorías das certificacións de construción sustentable

As tellas Verea foron incluídas na Plataforma de Materiais de Green Building Council España (GBCe), un servizo para profesionais e empresas que facilita a información ambiental de produtos e sistemas construtivos, para dar a coñecer os seus beneficios ambientais, sociais e económicos.

GBCe é unha organización que promove a transformación do sector da construción cara á sustentabilidade, con métodos e ferramentas internacionalmente actualizados e comparables, para unha avaliación da sustentabilidade dos edificios.

Tejas Verea, unha construción sustentable

A Plataforma presenta de maneira áxil e clara a documentación esixida polos selos de certificación VERDE, LEED e BREEAM, que acreditan o comportamento ambiental dos produtos e a súa contribución á calidade ambiental das edificacións.

As tellas Verea contribúen a sumar créditos en distintas categorías das certificacións de construción sustentable. No caso do certificado LEED, os produtos contribúen en tres categorías: Emplazamentos Sustentables, Materiais e Recursos e Innovación en el Diseño. Para a certificación BREEAM, contribúe en catro categorías: Xestión, Materiais, Residuos e Innovación. E a certificación VERDE, contribúen na categoría de Recursos Naturais. A inclusión de Verea na plataforma de materiais do GBCe é un abal para o compromiso da empresa coa sostenibilidade.

Verea recomenda para a instalación da cuberta o seu sistema de instalación propio, o único homologado en España e desenvolto cos seus correspondentes Documentos de Idoneidade Técnica (DIT nº 622/16 para Verea System e DIT nº 590R/18 para Verea Line System), compatibles con calquer tipo de illamento.

Entre as súas vantaxes destacan: redución a humidade, xa que se trata dunha cuberta ventilada que supera ventos de máis de 180 km/h; e a súa fácil montaxe, basado no uso de ganchos metálicos, parafusos e espuma de poliuretano.

Estos sistemas incrementan tanto as prestacións da cuberta como a durabilidade das tellas, para as que a compañía ofrece unha garantía de 50 anos.

 

Add Your Comment